IniciosociedadeÉxito do bonito de Burela na 45ª Feira Semana Verde de Galicia

Éxito do bonito de Burela na 45ª Feira Semana Verde de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

Exitosa degustación de bonito este mediodía na 45 Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se desenvolve en Silleda do 8 ao 11 de xuño. Ata alí se desprazou este sábado o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor contou que “fixemos promoción da Feira do Bonito, que terá lugar en Burela a primeira fin de semana do mes agosto. E houbo unha degustación, que correu a cargo de Ledicia. Os que alí se achegaron puideron probar o bonito en salpicón e tamén en empanada”.

Alfredo Llano convidou “á xente de Silleda e á que estes días visita a Semana Verde a que se acheguen á nosa Feira do Bonito en agosto, festa declarada de interese turístico nacional. É unha cita que non deben perder”.

O alcalde explicou que “acudimos a Silleda para seguir dando a coñecer o noso concello e os seus potenciais turísticos como as praias, o barco museo, a gastronomía e tamén a importancia do sector náutico pesqueiro. Alí chamou moito a atención unha maqueta que levamos dun pesqueiro. E tamén incidimos na pesca sostible que practican os nosos barcos con especies como o bonito ou a pescada”. E engadiu: “pensamos que é importante estar nestas feiras para facer promoción de Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...