IniciosociedadeO BNG de Foz critica que non se cubran ausencias no centro...

O BNG de Foz critica que non se cubran ausencias no centro de saúde

Os nacionalistas alertan de que o ambulatorio "funciona só co sobreesforzo dos profesionais"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Foz denuncia a situación do centro de saúde. Os nacionalistas aseguran que o ambulatorio focego funciona “cun sobreesforzo eterno” dos seus profesionais.

O grupo municipal do BNG critica “as reiteradas e inadecuadas coberturas con medias xornadas das e dos Diplomados Universitarios de Enfermería (DUE) e a inexistencia da cobertura das baixas de sanitarios e de Personal de Servizos Xerais (PSX)”.

Os nacionalistas enumeran carencias e lembran “a non reposición da xubilación en 2018 dunha auxiliar de enfermería” e que “continúa sen cubrirse a reducción de xornada do Servizo de odontoloxía e o de pediatría“.

Ademais, o BNG local sinala que o centro de saúde “quedará sen servizo de odontoloxía e pediatría máis dunha semana”, o que consideran “grave” pola reiteración “das non coberturas de ausencias programadas destes e outros profesionais”.

O partido frontista insta á Xunta de Galicia a garantir “un funcionamento axeitado dos servizos públicos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...