A provincia de Lugo estará en aviso amarelo por néboa este mércores

Unha saída de vía en Mondoñedo na estrada LU-160 deixa un ferido leve

Alto do Fiouco. GC

Unha quincena de provincias estará este mércores en risco por temperaturas mínimas, brétema, vento e ondada. Unha delas será Lugo, con aviso amarelo por néboa.

O tempo permanecerá estable este mércores na maior parte do Estado, con ceos pouco nubrados e sen precipitacións, salvo no terzo norte peninsular onde osceos estarán nubrados tendendo a pouco nubrados, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

ACCIDENTE

Por outra banda, unha saída de vía en Mondoñedo deixou un ferido leve. O 112 Galicia tivo aviso do accidente ás 10.43 horas.

O sinistro produciuse na estrada LU-160, á altura do punto quilométrico 10.000. O 112 mobilizou a operarios do 061, axentes da Garda Civil e da Policía Local de Mondoñedo, ademais dos bombeiros de Barreiros e do grupo de Protección Civil local.

A persoa que conducía o vehículo saíu do turismo polo seu propio pé e, con síntomas de mareo, foi recollida por unha ambulancia para ser atendida.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here