IniciosociedadeMesa redonda do Foro Social da Mariña sobre feminismo e inmigración en...

Mesa redonda do Foro Social da Mariña sobre feminismo e inmigración en Viveiro

O encontro quere someter a debate a problemática dos dereitos da muller nunha sociedade igualitaria e as relacións interculturais.

Publicada o

- Advertisement -

O Foro Social da Mariña debaterá este vindeiro 13 de xullo ás 20 horas en Viveiro sobre os discursos que están a cuestionar “de maneira despectiva e agresiva”, valores impulsados por movementos sociais como o feminismo ou a mellora de persoas vulnerables. Será na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.

Debaterase a problemática que atinxe aos dereitos da muller na perspectiva da construción dunha sociedade en igualdade. Tamén se estudará a problemática da inmigración poñendo sobre a mesa cuestións vinculadas coas relacións interculturais e tentando de desenmascarar os discursos racistas e discriminatorios.

Feminismo: Uxía Treitas barrio, graduada en Belas Artes, do Observatorio da Mariña pola Igualdade (OMI).

Inmigración: Josehanna Ledesma, técnica de Accem no proxecto SINRACXEN (programa de sensibilización contra o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia asociadas).

Moderadora: Lucía Oca González, antropóloga, docente e investigadora na USC.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...