IniciosociedadeAbre o 'crowfounding' para reconstruír a carpintería de ribeira de Francisco Fra...

Abre o ‘crowfounding’ para reconstruír a carpintería de ribeira de Francisco Fra en San Cibrao

Estaleiros Fra sufriu un incendio o pasado 4 de xullo que deixou moi danada a última carpintaría de ribeira que quedaba na Mariña. Con esta acción búscase volver poñer en marcha este estaleiro tradicional.

Publicada o

- Advertisement -

A empresa Estaleiros Fra iniciou unha campaña de ‘crowfounding’ para a recadación de fondos que lle permitan a reconstrución do estaleiro. O propietario desta carpintaría de ribeira, Francisco Fra, busca levantar de novo as súas instalacións seguindo os patróns tradicionais para estes obradoiros.

“O edificio incendiado forma parte da identidade da vila sendo o último estaleiro de ribeira de catro e estando protexido por Patrimonio debido á súa singularidade e valor histórico”. Engade tamén que a carpintaría de ribeira en Galicia está progrexida como BIC pola Convención da UNESCO para conservar o patrimonio cultural inmaterial.

O pasado 4 de xullo un incendio destruiu o edificio de madeira que acollía o estaleiro de Francisco Fra. Á parte de maquinaria, ferramentas e obxectos “de incalculable valor” como planos e maquetas de medio casco que foron construídas pola familia Fra.

Por todo isto, a familia Fra abriu unha conta de ‘crowfounding’ para levantar segundo os métodos tradicionais, unha nova carpintaría que lle permita volver á actividade e continuar cos proxectos que xa tiña en marcha e outros xa perfilados.

O enlace para esta iniciativa é https://sosasteleirosfra.com/#la-peticion

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...