InicioOccidentalCervoA Maruxaina estará protexida por 70 gardas civís

A Maruxaina estará protexida por 70 gardas civís

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 70 axentes da Garda Civil e Tráfico trasladaranse á Festa da Maruxaina 2023, que se celebrará o próximo 12 de agosto en San Cibrao, en Cervo. A subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Cervo, Dores García, acordaron este venres, na xunta local de seguridade, reforzar con efectivos a localidade mariñá para garantir a seguridade cidadá.

Así, a subdelegada ofreceu a “total colaboración” dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para evitar calquera incidente e sinalou que se intensificará a prevención e accións contra as agresións sexistas no evento, que contará cun punto violeta.

Durante esta reunión, Isabel Rodríguez fixo fincapé na importancia da coordinación entre a Garda Civil, a Policía Local, os servizos de emerxencias e a seguridade privada para lograr a maior eficacia na prevención e persecución de delitos, e tamén lembrou o papel fundamental da colaboración cidadá “para que todos e todas poidan gozar da tradicional Festa da Maruxaina”.

Así mesmo, prestarase especial atención o sábado, cando se espera unha maior afluencia de público procedente de diferentes partes da provincia e de Galicia. Rodríguez convidou “a gozar destes días de alegría festiva de forma intensa, pero tamén de maneira responsable e guiados polo respecto á convivencia”.

Por outra banda, durante o transcurso da reunión repasáronse os principais indicadores en materia de seguridade cidadá, constatando que o municipio continúa con niveis de faltas e delitos moi por baixo da media provincial, autonómica e nacional.

ACTIVIDADES

O Concello de Cervo organizará un ano máis e celebrará a XXXVI Festa da Maruxaina o sábado 12 de agosto. A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, e por unha representación da asociación Amigos da Maruxaina, que se encarga da pre-maruxaina e do xuízo a medianoite.

Ese día 12 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do Maruxaino ou Maruxaina de Honra 2023, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.

Xa o sábado, 12 de agosto, será o día grande, que estará animado desde primeira hora polo ritmo de diferentes charangas e gaiteiros.

Xa ás 23:00 horas será o desembarco da Maruxaina na Praia do Torno. Durante o traxecto as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo de fogos de artificio.

Ás 00:00 horas será o gran xuízo popular, seguido dunha degustación de balde de queimada na Praza dos Campos. A continuación, haberá verbena na Praza dos Campos.

Este mesmo venres, ademais, o Concello de Cervo celebrou a Xunta Local de Seguridade para acabar de perfilar o operativo da Festa.

Na Xunta, que estivo presidida pola rexedora, Dolores García Caramés, participou tamén a subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez,  a tenente alcalde, Mali Méndez, o edil de Seguridade Cidadá, José Manuel Balseiro, o responsable do GES, a Policía Local, respresentantes da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico, e da Policía Autonómica. A xunta centrouse no dispositivo de seguridade da Maruxaina pero tamén se abordaron cuestións relativas á seguridade cidadá do noso municipio.

Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a desfrutar  desta Festa declarada de Interese Turístico Galego, que é un reflexo da unión de San Cibrao co mar.  Traballamos –engaden- para que a harmonía reine no pobo durante a celebración dunha festa na que as tradicións familiares se misturan coa  xente nova,

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...