IniciosociedadeSalvamento Marítimo recibe a embarcación Guardamar Urania, de 40 metros de eslora...

Salvamento Marítimo recibe a embarcación Guardamar Urania, de 40 metros de eslora e construída en Burela

O aspecto máis importante destes buques é que todo o seu casco e superestrutura están construídos en aluminio, polo que é un tipo de barco, tanto polo seu deseño como as súas prestacións, único na súa clase. Urania incorpora os medios máis modernos, tanto en navegación, comunicacións, como en sistemas de procura e rescate.

Publicada o

- Advertisement -

Salvamento Marítimo celebrou este martes a entrega da súa nova embarcación Guardamar Urania, de 40 metros de eslora, construída polo estaleiro Armón no municipio de Burela. Este novo buque, que leva o nome de Urania, a musa da astronomía, pertence ao tipo de embarcacións de intervención rápida, denominadas Guardamares, de maior envergadura e prestacións que as Salvamares.

O acto celebrado en Burela contou co director xeral de Mariña Mercante e presidente de Salvamento Marítimo, Benito Núñez Quintanilla; o director de Salvamento Marítimo, José Luís García Lena; o presidente de Armón, José Ramón Fernández García; e o conselleiro delegado de Armón, Laudelino Alperi Baragaño.

Urania súmase así ás catro que se atopan neste momento en servizo: Guardamar Talía, Guardamar Concepción Arenal, Guardamar Polimnia e Guardamar Calíope. Estas embarcacións non teñen unha localización xeográfica fixa, de forma que están “estratexicamente situadas ao longo das costas españolas atendendo a criterios de efectividade”. Segundo explica Salvamento Marítimo, estes criterios están baseados en conseguir minimizar os tempos de resposta para realizar unha mellor cobertura e actuación eficaz, adecuada ás previsións de ocorrencia de emerxencias que proporciona o estudo e análise das estatísticas recentes.

“O aspecto máis importante destes buques é que todo o seu casco e superestrutura están construídos en aluminio, polo que é un tipo de barco, tanto polo seu deseño como as súas prestacións, único na súa clase. Urania incorpora os medios máis modernos, tanto en navegación, comunicacións, como en sistemas de procura e rescate“, explica.

Entre as súas características destaca unha eslora de 40 metros, unha velocidade de 30 nós e unha autonomía de 1.450 millas a velocidade de 15 nós (económica). A incorporación desta unidade á frota de Salvamento Marítimo enmárcase dentro do Plan Nacional de Salvamento (PNS) 2021-2024 (da Dirección Xeral da Mariña Mercante e Salvamento Marítimo), que se aprobou en decembro de 2021 e ten entre as súas liñas máis importantes a modernización dos medios, co obxectivo de dar un servizo eficaz e eficiente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...