IniciosociedadeOito colectivos de San Martiño rexeitan o trazado da A-74

Oito colectivos de San Martiño rexeitan o trazado da A-74

Aseguran nun manifesto que o percorrido destruiría unha mina e un castro e quedaría "a 200 metros da basílica"

Publicada o

- Advertisement -

Oito asociacións culturais e de veciños da parroquia de San Martiño de Foz asinaron un manifesto para rexeitar o paso da autovía A-74 ao entender que suporá “a descomposición xeográfica” da fegresía e afectará “irreversiblemente ao seu patrimonio natural e histórico”.

A Confraría do Desencravo, tres asociacións veciñais -as de San Martiño, San Gonzalo e Veciños do Barrio de Forxán-, a agrupación cultural Virxe do Carme, O Centiño, membros de Cáritas e o colectivo cívico cultural Bispo Santo deixan claro o seu “malestar” polo trazado.

As agrupacións argumentan que “se o turismo é un motor do noso municipio e falamos de facelo sostible, isto choca co feito de pasar unha autovía a carón dun Ben de Interese Cultural (BIC) e monumento nacional como é a basílica”.

a veciñanza cre que o trazado é incompatible “cun turismo sostible” ao quedar “a 200 metros dun bic”

TÚNEL ARTIFICIAL

O Goberno central someteu a información pública principios do mes de decembro o treito Barreiros-Foz, que incluía a construción dun túnel artificial de 0,3 quilómetros en San Martiño para “minimizar os impactos visuais dos desmontes na conca da basílica”.

As agrupacións asinantes aseguran que retomarán “os traballos realizados polos colectivos veciñais durante os anos 2007 e 2008, coa presentación de recursos e a proposta dun trazado alternativo de menor impacto”.

anuncian que retomarán o traballo veciñal de 2007 e 2008, cando se presentaron recursos contra o percorrido

PERCORRIDO EXCESIVO

Por unha banda, os veciños da parroquia critican que, “ao pasar polo polígono de Fazouro”, o trazado da autovía suporá “percorrer 14 quilómetros cunha limitación de 100 qm/h desde o centro de Foz ata o enlace coa A-8 en Barreiros, cando actualmente hai cinco”.

Os colectivos asinantes lamentan que o trazado da autovía pasaría a carón de varios elementos patrimoniais, “como nunha ruta cultural ou de sendeirismo”. Entre eles, a basílica, que quedaría, advirte a veciñanza, “a 200 metros” da estrada.

“DESTRUIRÍA UNHA MINA E UN CASTRO”

As asociacións subliñan que o percorrido “pasaría por riba da mina milenaria Cano dos Mouros, recoñecida recentemente polo Servizo de Patrimonio e incluída no inventario coa clave GA 27019023, e destruiría este xacemento”.

Ademais, advirten da existencia dun castro, o da Senra, que tamén se vería afectado polo trazado, e dun posible prexuízo “a fontes naturais que brotan nas ladeiras afectadas e que subministran ás vivendas do entorno”.

“a a-74 pasaría por riba da mina milenaria cano dos mouros, recoñecida recentemente por patrimonio”, aseguran

Outros recursos patrimoniais que, segundos os veciños, quedarían á beira da A-74 son a área recreativa do Bispo Santo, a capela da Grela, o miradoiro de Pico da Lebre, o camiño de San Rosendo, o castro de Lelle, ou a área recreativa Virxe do Carme.

ENLACES

No tocante aos enlaces, a veciñanza reclama “un acceso en sentido Burela, onde se atopa o Hospital Público da Mariña”, posto que o trazado “obrigaría aos usuarios a desprazarse á conexión de Fazouro para acceder á autovía en sentido Burela-San Cibrao”.

para os asinantes, o treito, de 11,5 quilómetros, “parece máis unha ruta cultural ca unha estrada”

O manifesto lembra que “coa construción deste novo enlace está proxectada a demolición dunha casa histórica da parroquia”.

Neste senso, o PSOE de Foz anunciou a presentación de alegacións para pedir unha saída cara Viveiro e para aminorar o impacto da A-74 en San Martiño. Foz Plataforma de Futuro (FPF) tamén pediu un segundo acceso ao núcleo.

GASTO

Por último, o comunicado censura un “custo excesivo” -ascendería a 241 millóns por 11,5 quilómetros-, “moi superior ao gasto medio por quilómetro dunha autopista, sen saber cando nin como continuará ata enlazar en San Cibrao, onde remata este proxecto”.

Podes ler neste enlace o manifesto ao completo. AUTOVÍA, POR SAN MARTIÑO NON!

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...