IniciosociedadeCoñece os gañadores do concurso de adornos de Nadal de Mondoñedo

Coñece os gañadores do concurso de adornos de Nadal de Mondoñedo

Un barco sobre as augas do río Muíños destacou entre as decoracións dos veciños

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo fixo público o fallo do xurado da segunda edición do concurso de adornos do Nadal.

As bases establecían dúas categorías. Por un lado, na modalidade individual, dirixida a particulares de vivendas que adornen as súas fachadas, balcóns, portais ou baixantes de auga, entre outros.

Obtivo o primeiro premio José Ramón Montenegro Espina (Muíños de Arriba, 35); que ademais de engalar a porta da súa vivenda tamén montou un belén sobre un pequeno barco que flota nas augas do río dos Muíños.

Mentres, Nélida Fernández (rúa Guevara, 18, 2º) acadou o segundo galardón.

Segundo premio individual. AXM

Na modalidade colectiva, dirixida ás comunidades de veciños, barrios, rúas ou prazas que decoraran árbores, fachadas, farois ou mesmo parques, o xurado outorgou o primeiro premio para o barrio dos Muíños. O Hospital de San Pablo gañou o segundo galardón.

Primeiro premio colectivo. AXM

Os premios do concurso son un primeiro de 60 euros e un segundo de 40 tanto na modalidade colectiva como na individual.

O xurado valorou aspectos como as composicións e deseños acordes co Nadal e respectuosos co entorno, a variedade na iluminación, a orixinalidade ou a introdución de elementos tradicionais.

CINCUENTA PARTICIPANTES

O concelleiro de educación, xuventude e novas Tecnoloxías, Alberto García, valora a participación de “medio cento de veciños”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...