IniciosociedadeUltimátum para que as terrazas de Covas e Cantarrana cumpran coa normativa

Ultimátum para que as terrazas de Covas e Cantarrana cumpran coa normativa

O Concello asegura que a partir do luns a Policía Local retirará o mobiliario non acorde co establecido na ordenanza, aprobada en 2012

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informou a través dun comunicado de que o vindeiro luns, 7 de xaneiro, remata a moratoria concedida ás terrazas do ámbito de Misericordia, Cantarrana e Covas para que se adapten á ordenanza municipal correspondente. 

Neste ámbito inclúense os establecementos de Parquemar, tanto os que se instalan na parte dianteira como na parte traseira.

A normativa municipal para, entre outros aspectos, uniformizar o mobiliario das terrazas ou acadar unha mellor convivencia entre negocios e viandantes, cun horario fixo para a súa instalación, entrou en vigor no verán do 2012.

Aínda así, concedeuse unha moratoria de catro anos aos hostaleiros para adaptarse ao estipulado na ordenanza. Os cambios comezaron con anterioridade no casco histórico de Viveiro. 

Ao longo do pasado ano, o goberno local mantivo reunións cos comerciantes desta zona para axilizar as actuacións. No pasado mes de decembro, comezou a enviar cartas para que os establecementos cumprisen cos requisitos antes do día 31.

O Concello asegura que, tralas festas do Nadal, os propietarios dos locais saben que a data límite para estar ao día coa lexislación é o 7 de xaneiro.

COMPROBACIÓNS

Así, a partir da próxima semana, a Policía Local realizará as comprobacións necesarias, instando a inmediata retirada de todo mobiliario ou instalación que non se adapte á normativa referida.

MÁIS DE VINTE NEGOCIOS

A normativa afectará a alomenos 18 negocios de Cantarrana e tamén a alomenos tres da zona de Covas, ambos lugares de grande tradición hostaleira no municipio de Viveiro. 

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...