IniciosociedadeUn octoxenario non entrará en prisión tras recoñecer que abusou durante 5...

Un octoxenario non entrará en prisión tras recoñecer que abusou durante 5 anos dunha menor coa que convivía

Un home de 88 anos, veciño do Concello da Pontenova, aceptou este martes unha pena de dous anos de cárcere tras recoñecer que abusou sexualmente de maneira continuada durante cinco anos dunha menor de idade coa que convivía de maneira ocasional. Grazas a este acordo de conformidade, o acusado non terá que entrar en prisión.

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 88 anos, veciño do Concello da Pontenova, aceptou este martes unha pena de dous anos de cárcere tras recoñecer que abusou sexualmente de maneira continuada durante cinco anos dunha menor de idade coa que convivía de maneira ocasional. Grazas a este acordo de conformidade, o acusado non terá que entrar en prisión.

Tanto a Fiscalía como a acusación particular solicitaban inicialmente seis anos de presidio para o acusado e unha reparación económica, en concepto de responsabilidade civil, de 6.000 euros. O acordo de conformidade alcanzado entre as partes, con todo, reduce a pena de prisión de seis a dous anos, mentres eleva a 9.500 euros a indemnización total que o condenado deberá abonar á vítima polos danos morais causados.

Ademais da pena de prisión aceptada, a conformidade alcanzada entre Ministerio Fiscal, acusación particular e defensa establece para o acusado un período de liberdade vixiada de cinco anos, nos que non poderá comunicarse nin aproximarse a menos de 200 metros do lugar en que se atope a vítima. Así mesmo, a sentenza contempla tamén unha inhabilitación especial que prohibe ao acusado exercer calquera profesión ou oficio que implique relación ou contacto con menores de idade durante o próximos cinco anos.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...