InicioOrientalO incendio "incontrolado" de Trabada ameaza núcleos de poboación

O incendio “incontrolado” de Trabada ameaza núcleos de poboación

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García, afirma que a situación provocada polo incendio forestal próximo a casas neste municipio é “terrible”, debido ás condicións de vento, a chegada da noite e un lume que ve “incontrolado”, a pesar da presenza de medios para tratar de apagalo.

En declaracións a Europa Press, a rexedora sinala que no tres núcleos de poboación aos que se aproximan as chamas segundo a Xunta “vive xente” que “de momento” non foi desaloxada.

“Hai moito vento” nunha xornada na que os termómetros volveron a marcar altas temperaturas para a época do ano e nun contexto de escasas precipitacións, polo que o panorama é “terrible”, segundo a primeira edil. Este venres está previsto que unha fronte atlántica entre en Galicia e deixe choivas, aínda que na zona da Mariña non se prevé que sexa abundante.

A proximidade do incendio a núcleos de poboación obrigou a declarar a denominada ‘situación 2’, informa a Consellería de Medio Rural. En concreto, as chamas achéganse aos núcleos de Barreiros, Vidal e Penacova, tras iniciarse na parroquia de Trabada, no municipio do mesmo nome.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...