IniciosociedadeO Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra o seu XV aniversario o...

O Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra o seu XV aniversario o vindeiro 28 de outubro

Publicada o

- Advertisement -

O Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra o 28 de outubro o seu XV aniversario coa proxección dunha peza documentaria sobre o traballo realizado polo observatorio durante este tempo. Porén, a data de nacemento desta organización pola igualdade foi 8 de marzo de 2008. Os obxectivos fixados son visibilizar e sensibilizar sobre feminismo na Mariña.

A súa actividade durante estes anos conseguiu tecer unha rede de sororidade, creando lazos e agrupando a mulleres de todas as condicións e cores posibles e de todos os concellos da nosa contorna.

As accións deste Observatorio da Mariña pola Igualdade seguirán ofrecendo espazos feministas cheos de formación e información, reivindicando para as mulleres os espazos que debemos ocupar no día a día e observando, escoitando e non calando ante circunstancias que nos acorralan.

Para poñer en valor o traballo das mulleres involucradas neste Observatorio da Mariña pola Igualdade, foi creada unha peza audiovisual que recolle a actividade dos 15 anos de traballo feminista. A dirección da peza é de Carme P. Granxeiro e a participación das socias.

O documento audiovisual poderase ver o próximo sábado 28 de outubro ás 17h na Sala de exposicións e antiga carboeira do conxunto histórico-artístico de Sargadelos (Cervo) terá lugar o encontro para presentar e proxectar esta peza audiovisual e conmemorar de xeito conxunto a traxectoria do Observatorio, mediante unha intervención artística en forma de collage e guiada polo Colectivo Vacas Fracas. O Observatorio convida a todas as mulleres mariñás a achegarse ao OMI neste encontro pensado por e para todas nós.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...