IniciosociedadeA falta de efectivos obriga ao peche do parque de bombeiros de...

A falta de efectivos obriga ao peche do parque de bombeiros de Barreiros até o venres

Deste xeito, a cobertura de incidencias da área do parque de Barreiros serán atendidas durante este tempo polo parque de bombeiros de Viveiro ou o de Vilalba "en función do tempo de resposta".

Publicada o

- Advertisement -

O parque de bombeiros do municipio lugués de Barreiros permanece pechado desde o mediodía deste xoves e non retomará a súa actividade ata as 09,00 horas do venres ante a ausencia de efectivos para conformar a quenda.

Diso informou a Deputación de Lugo, responsable do consorcio provincial de bombeiros, que sinala nun comunicado que dos catro traballadores da quenda deste xoves “non se incorporaron dous”.

Segundo o goberno provincial, p xefe do parque completou o cadro para contar con tres efectivos, pero un deles “tivo que ausentarse por motivos persoais” durante a tarde, polo que as instalacións foron pechadas ás 15,30 horas e non reabrirán ata o comezo da seguinte quenda, ás 09,00 horas do venres.

Deste xeito, a cobertura de incidencias da área do parque de Barreiros serán atendidas durante este tempo polo parque de bombeiros de Viveiro ou o de Vilalba “en función do tempo de resposta”.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...