InicioOccidentalViveiroViveiro rexistra o refacho de vento máis forte do temporal, 114,8 Km/h

Viveiro rexistra o refacho de vento máis forte do temporal, 114,8 Km/h

Publicada o

- Advertisement -

Galicia permanece este luns baixo aviso laranxa na costa oeste da comunidade, nunha nova xornada de ceos moi grises que deixou, ás 4,20 horas, o refacho de vento máis alto con 114,8 km/h en Viveiro. Ademais, en zonas de máis de 900 metros de altura, o refacho máximo rexistrada ao mediodía deste luns é de 89,6 en Carballeda de Valdeorras.

Estes valores máximos danse nunha xornada na que se prevén choivas en toda a xeografía galega, pero con temperaturas que son elevadas para a época, por encima dos 20 graos en diversos puntos e próximos en moitos outros.

Así, en zonas por baixo dos 900 metros rexistráronse 21,7º en Ribadeo, 20,9º en Ourense; 20,8º na Coruña e no Valadouro e 20,7º en Viveiro. Por encima desta altitude, tamén houbo temperaturas suaves, como é o caso de Navia de Suarna, con 16,5º e San Xoán de Río, con 14,1º.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...