IniciosociedadeA senda peonil entre Peizás e A Pampillosa, en Foz, un trazado...

A senda peonil entre Peizás e A Pampillosa, en Foz, un trazado continuado de case 15 quilómetros

Publicada o

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou as obras xa finalizadas do carreiro peonil entre as praias de Peizás e A Pampillosa, en Foz, cunha achega de 886.000 euros e que permitirán un trazado continuado de case 15 quilómetros desde Barreiros. As obras consistiron na creación dun carreiro peonil entre ambas as praias nuns terreos expropiados que pasaron a uso de dominio público. O novo camiño permitirá o peche definitivo do paseo xa existente pola costa, entre a praia dos Fondás, na ría de Foz, e o interior da ría do Ouro.

Alí, Blanco reivindicou a aposta do Executivo pola conservación e mellora do litoral galego, cun investimento global que cifrou en máis de 68 millóns. A actuación en Foz estivo financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e, segundo resalta a Delegación, “evidencia o compromiso do Goberno coa posta en valor dos recursos naturais do Concello de Foz”.

DINAMIZAR A MARIÑA

Enmárcaa na súa “aposta pola dinamización económica e turística da Mariña, dentro dos 4,4 millóns de euros proxectados para distintas obras na provincia de Lugo. Blanco comprobou o resultado das obras acompañado polo alcalde de Foz, Francisco Cajoto; a subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez, e o xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan.

A incorporación destes terreos para uso e desfrute dos veciños tanto de Foz como da comarca da Mariña permitirá gozar desta senda peonil de case 1.600 metros, explorando novas franxas da costa e aproveitando os valiosos recursos naturais que ten este municipio“, subliñou Pedo Blanco. O delegado agradeceu a “colaboración e o traballo do alcalde de Foz, Francisco Cajoto, co fin de continuar transformando este concello nun lugar máis amable con atractivos turísticos que conviven en perfecta harmonía coa natureza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...