IniciosociedadeO Sergas recoñece que o centro de saúde de Viveiro tivo "xornadas...

O Sergas recoñece que o centro de saúde de Viveiro tivo “xornadas con moitísimas dificultades”

Publicada o

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, deu este luns a súa opinión sobre a ausencia do 70 % do persoal de atención primaria rexistrada no centro de saúde de Viveiro que desencadeou a celebración na localidade durante a xornada do domingo dunha concentración dos profesionais sanitarios.

Produciuse unha situación moi puntual no centro de saúde de Viveiro en xornada de mañá con moitísimas dificultades. Estivemos a traballar para tentar cubrir e cubríronse con reforzos. Todo o que puidemos reforzar foise reforzando, pero temos que recoñecer que non foi a situación ideal para atender o centro“, recoñeceu Ares.

Estamos nunha situación dificilísima na que non temos facultativos dos que tirar para facer todas as coberturas. Estamos a reordenar axendas e os profesionais están a facer un esforzo enorme“, profundou, para acto seguido precisar que no centro de saúde de Viveiro quedan só “dúas prazas sen cubrir” de todas as cotas.

Ramón Ares, que sinalou tamén que se atopa en marcha “un proceso de selección de persoal” vía concurso de méritos sen exame para cubrir as prazas de pediatría e atención primaria “que estean vacantes no momento da convocatoria”, insistiu en que a xerencia da área sanitaria traballa en beneficio de todos os centros de saúde “con ou sen manifestación” polo medio. “Isto de politizar a sanidade como tentan algúns antes das eleccións parécenos un pouco lamentable”, declarou, pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presente tamén na convocatoria do anuncio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...