IniciosociedadeO PSOE de Barreiros denuncia retrasos de dous meses nas vacinas dos...

O PSOE de Barreiros denuncia retrasos de dous meses nas vacinas dos nenos

Os socialistas achacan a demora a que o centro de saúde "conta cunha pediatra tres días á semana" e o Sergas mantén que "non se produciron atrasos significativos"

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Barreiros denuncia que se están a producir “retrasos de dous meses para vacinar os nenos das enfermidades establecidas no calendario obrigatorio”.

Os socialistas argumentan que este atraso débese a que “o Servizo Galego de Saúde (Sergas) só ofrece, no ambulatorio de Barreiros, unha pediatra tres días á semana durante tres horas con cita previa”.

A candidata do PSOE barreirense, Carmen Veiga, afirma que “a profesional non é capaz de asumir todo o volume de traballo pois ademais de Barreiros, atende aos cativos dos centros de saúde de Mondoñedo e Lourenzá”.

O sobreesforzo, explica Veiga, provocou que “a unha nai atrasáronlle a cita desde xaneiro ao mes de marzo. Segundo os protocolos, o enfermeiro do centro de saúde non pode vacinar a nena antes de vela a pediatra. Así, estará dous meses sen estar vacinada, o que pon en risco a súa saúde”, precisa.

A voceira dos socialistas expón que “no horario no que a pediatra está no centro, os nenos ou reciben atención por parte dun médico de familia sen formación específica ou os pais teñen que desprazarse ao Hospital Público da Mariña, onde hai un especialista de garda”.

Os socialistas de Barreiros esixen ao Sergas que “atenda dunha vez por todas as peticións das familias do noso Concello e reforce o servizo de pediatría para adaptalo ás necesidades veciñais”.

BAIXA

O Sergas confirmou que a pediatra está de baixa desde este martes e asegurou que se “intentará suplir na medida do posible, ante a dificultade para atopar profesionais desta especialidade”.

Desde o servizo público de saúde, sosteñen que, polo momento, “non se produciron atrasos significativos” na administración das vacinas.

RECLAMACIÓNS DOS VECIÑOS

As críticas ao servizo no centro de saúde de Barreiros sucedéronse ao longo dos últimos anos, e no pasado mes de novembro a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña compilou nun par de horas máis de cen reclamacións para suplir tanto á pediatra como ao médico de familia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...