IniciosociedadeAlerta marela por ventos fortes na Mariña

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta laranxa por temporal costeiro que afectará desde este mediodía ao litoral da Coruña.

Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso na costa por vento do sur ou suroeste de entre 62 e 74 km/h –forza oito– entre Fisterra-Vilán e mar dentro.

Ademais, o oeste e suroeste da Coruña, así como A Mariña de Lugo estarán en alerta amarela por refachos de vento que poderán alcanzar os 80 quilómetros por hora.

En canto aos fenómenos costeiros o litoral galego, salvo a costa da Coruña, estarán en alerta amarela por vento do sur ou suroeste de 50 a 61 km/h –forza sete– podendo chegar a alcanzar o 74 km/h mar dentro.

As choivas tamén deixarán un período de alerta amarela no oeste e suroeste da Coruña onde o temporal poderá deixar unhas precipitacións acumuladas nunha hora de 15mm.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...