IniciosociedadeAlerta marela por ventos fortes na Mariña

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta laranxa por temporal costeiro que afectará desde este mediodía ao litoral da Coruña.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso na costa por vento do sur ou suroeste de entre 62 e 74 km/h –forza oito– entre Fisterra-Vilán e mar dentro.

Ademais, o oeste e suroeste da Coruña, así como A Mariña de Lugo estarán en alerta amarela por refachos de vento que poderán alcanzar os 80 quilómetros por hora.

En canto aos fenómenos costeiros o litoral galego, salvo a costa da Coruña, estarán en alerta amarela por vento do sur ou suroeste de 50 a 61 km/h –forza sete– podendo chegar a alcanzar o 74 km/h mar dentro.

As choivas tamén deixarán un período de alerta amarela no oeste e suroeste da Coruña onde o temporal poderá deixar unhas precipitacións acumuladas nunha hora de 15mm.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...