IniciosociedadeMelloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

Publicada o

- Advertisement -

conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no porto de San Cibrao no municipio lucense de Cervo, ao que a Xunta destinará o próximo ano 375.000 euros. Así o sinalou durante unha visita á localidade e resaltou o impacto positivo destas melloras nas condicións de traballo dos profesionais do mar desta zona.

Segundo informou a Xunta, o proceso de licitación está “moi avanzado” por parte de Portos de Galicia e o pasado día 29 finalizou o prazo de presentación de ofertas para o proxecto polo que actuarán nos tres edificios de locais de armadores do porto. O titular de Mar destacou o esforzo investidor que o Executivo autonómico recolle nos orzamentos para o próximo ano con novas actuacións noutros portos da Mariña, como os de Burela, Foz e Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...