IniciosociedadeAberta a N-642 logo dun ano reparando o afundimento da Areoura

Aberta a N-642 logo dun ano reparando o afundimento da Areoura

As obras de reparación aceleraron estas últimas semanas aproveitando o bo tempo.

Publicada o

- Advertisement -

O afundimento da estada N-624 á altura da Areoura o 21 de xaneiro deste 2023 xa está reparado. A circulación entre os concellos de Foz a Burela está aberta mentres que a última hora do martes pasado aínda non se circulaba en sentido contrario. Porén, estaban circulando os vehículos cara a Burela. As obras para deixar listo o firme da estrada apuraron no último mes, sobre todo durante os días de bo tempo.

Os traballadores aceleraron o proceso de reparación para deixalo listo esta semana. O remate foi a colocación da sinaléctica horizontal e vertical. Tamén se colocaron as barreiras ou defensas para delimitar a estrada nacional. O investimento para esta obra foi de algo máis de dous millóns e medio de euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...