O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa que este sábado só se presentaron a traballar dous efectivos dos tres necesarios para cumprir os servizos mínimos no Parque de Bombeiros de Sarria e no Parque de Bombeiros de Barreiros.
O Consorcio intentou facer mobilidade de traballadores dende outras bases, pero non foi posible porque cubren os servizos mínimos. Avisados mediante comunicación certificada os retén designados no cuadrante para estes dous parques, non atenderon á chamada.
Ante esta situación, o Consorcio decidiu reubicar aos dous efectivos de Barreiros: un que se desplazou co vehículo de mando ao parque de Sarria e o outro, co vehículo de altura ao parque de Vilalba, desde onde se atenderán as posibles incidencias. O Parque de Bombeiros de Barreiros non prestará servizo ata mañá ás 9:00 horas.