O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou que o parque de bombeiros de Barreiros está pechado xa que, na xornada deste sábado, só presentáronse a traballar dous efectivos dos tres necesarios para cumprir os servizos mínimos no parque de Sarria e de Barreiros.
Nun comunicado, detallou que “tentaron mobilizar” a traballadores doutras bases, pero “non foi posible” porque cobren os servizos mínimos. “Avisados mediante comunicación certificada os reténs designados no cuadrante para estes dous parques, non atenderon á chamada“, indicou o Consorcio.
Ante isto, recolocou aos dous efectivos de Barreiros. Un deles, que se desprazou co vehículo de mando, ao parque de Sarria e o outro, co vehículo de altura ao parque de Vilalba. Desta forma, o parque de bombeiros de Barreiros non prestará servizo ata este domingo ás 9,00 horas.