IniciosociedadeViveiro impulsará un programa de educación sexual nos institutos

Viveiro impulsará un programa de educación sexual nos institutos

Vilar Ponte e María Sarmiento acollerán 33 sesións para alumnado de entre 14 e 16 anos, que aprenderá a comprender o sexo, identificar estereotipos ou previr embarazos non desexados

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro desenvolverá nos institutos do municipio un programa centrado na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover unha educación sexual axeitada.

Os escolares, de entre 14 e 16 anos, participarán en 33 sesións que incluirán clases teóricas e traballos en grupo, conceptos como sexo, erótica, sexualidade, orientación e identidade.

O programa vai dirixido ao alumnado de terceiro e cuarto da Eso do IES María Sarmiento e do IES Vilar Ponte e desenvolverase entre o 11 de xaneiro e o 27 de febreiro.

O goberno local espera que o programa axude aos adolescentes a coñecerse, aceptarse e aprender a expresar a erótica de forma que os asistentes se sintan a gusto cos seus corpos.

INFLUENCIA DOS MEDIOS

A identificación dos estereotipos e crenzas sobre a sexualidade, os mitos do amor romántico e coñecer a influencia dos medios de comunicación sobre a imaxe corporal son outros dos obxectivos do programa, así como afondar na xestión dos celos e evitar o abuso e o control da parella.

HIXIENE E PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES

Por último, as clases tratarán métodos e estratexias para previr embarazos non desexados e enfermidades de transmisión xenital, e ofrecerán consellos sobre hábitos de hixiene e autocoidado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...