IniciosociedadeDefensa da Sanidade Pública chama a manifestarse o 4 de febreiro en...

Defensa da Sanidade Pública chama a manifestarse o 4 de febreiro en Santiago

Lembrar tamén que o próximo domingo 21 de xaneiro de 2024 haberá unha concentración convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña en Lourenzá na Praza do conde Santo ás 12 horas. A concentración responde ao lema “ Pola pediatría que queremos e merecemos”.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña presentou aos medios a manifestación que terá lugar en Compostela o día 4 de febreiro de 2024 ás 12 horas , con saída desde a Alameda e chegada á Praza do Obradoiro, despois de percorrer diversas rúas da cidade. A manifestación está convocada polo colectivo SOS Galicia, do que forma parte, ao igual que todas as plataformas sanitarias do país, organizacións sindicais e políticas, colectivos profesionais e sociais, asociacións de pacientes, até un total 55 organizacións, e responde ao lema “ Pola sanidade que queremos e merecemos”.

A Plataforma manifesta que a sanidade publica galega foi obxecto durante moitos anos de recortes serios que foron producindo un deterioro progresivo dos servizos sanitarios, de xeito que hoxe está na última etapa do seu desmantelamento, tanto pola insuficiencia de profesionais como a falta de materiais, colapsos de servizos de urxencias hospitalarias e extrahospitalarias, listas de agarda elevadas e manipuladas, “ocultando a máis da metade dos pacientes que están esperando para unha consulta, proba ou intervención”.

Desde as plataformas e organizacións convocantes esixen a posta en marcha das seguintes 13 medidas, que entenden como moi urxentes:

1- Incremento do orzamento sanitario, especialmente na primaria ata o 25% do total, segundo as indicacións da OMS e eliminación da derivación sistemática de pacientes á sanidade privada

2- Incremento urxente do persoal de medicina familiar, pediatría e enfermería. Asemade, incorporar aos equipos sanitarios novas categorías profesionais coma psicoloxía clínica, logopedia, terapia ocupacional, atención temperá, nutricionistas, hixiene bucodental, podoloxía ou optometría.

3- Apertura dos Centros de Saúde pechados e creación de novos onde sexa preciso e mellorando en todos a súa dotación e equipamentos.

4– Reintegrar o servizo de ambulancias á rede pública, aumento na dotación das mesmas e incremento do número de ambulancias asistenciais e medicalizadas, totalmente insuficientes na actualidade.

5- Implementar un plan urxente para racionalizar as listas de agarda hospitalarias. Reapertura de camas clausuradas e recuperación de servizos pechados dos hospitais comarcais. Modificar a lei de garantías sanitarias, que favorece a derivación cara á privada.

6- Garantir que a atención médica das persoas incluídas no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia se fai desde o sistema sanitario público, sendo as referencias os centros de saúde.

7- Reintegración ao sistema público dos servizos privatizados: Información, historia clínica, receita electrónica, central de chamadas, loxística, investigación e docencia. Recuperar o Hospital Álvaro Cunqueiro para o sistema público.

8-Elaboración dun Plan de Saúde Mental consensuado que dote ao sistema dos recursos e persoal axeitados e que garanta a presenza de profesionais de saúde mental na Atención Primaria.

9-Eliminar a inestabilidade e precariedade laboral. Contemplar a dedicación exclusiva só para persoal que traballa no sistema sanitario público.

10-Concursos públicos , transparentes e abertos para os cargos de xestión do sistema público e erradicar as prácticas de clientelismo e nepotismo,

11- Recuperar as Xerencias de Atención Primaria , con capacidade resolutiva e orzamento propio. Transformar as Áreas Sanitarias para a recuperación da coordinación e xestión integrada da Atención Primaria , hospitalaria ,saúde pública e atención á dependencia. Recuperar as áreas sanitarias suprimidas.

12- Reorientar o sistema ao modelo comunitario e participativo.

13- Desmedicalizar o sistema e acabar co uso irracional e abusivo de fármacos e novas tecnoloxía e poñer o eixo do mesmo na Atención Primaria.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña fan un chamamento a toda a poboación para que acuda de xeito masivo a esta manifestación, pois está en xogo a recuperación do noso sistema sanitario público. Non podemos deixar que nos arrebaten un dos dereitos máis básicos que temos, o dereito á saúde e solo a mobilización social é quen de conseguir que muden as cousas. Desde a Mariña haberá autobuses para desprazarse a Santiago. Para as reservas hai que chamar aos númeos seguintes: 982140654, 982581861 e 667052058. O último día para reservar é o xoves 1 de febreiro de 2024 ás 14 horas.

Lembrar tamén que o próximo domingo 21 de xaneiro de 2024 haberá unha concentración convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña en Lourenzá na Praza do conde Santo ás 12 horas. A concentración responde ao lema “ Pola pediatría que queremos e merecemos”.

Este colectivo sanitario apoia a concentración convocada polo tecido asociativo do Vicedo, e que terá lugar tamén o domingo 21 de xaneiro ,ás 11:30 horas diante do Centro de Saúde , baixo o lema “ Médicos no Vicedo xa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...