IniciosociedadeCervo inclúe no orzamento 340.000 euros para asociacións e bolsas de formación

Cervo inclúe no orzamento 340.000 euros para asociacións e bolsas de formación

O goberno local presentará o venres á corporación municipal a proposta presupostaria, que alcanza os 7,7 millóns de euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo presentará este venres á corporación municipal, na comisión de facenda, o orzamento previsto para o ano 2019, que ascende a 7.710.667,27 euros.

Entre as partidas incluídas na proposta, o goberno local destaca o investimento no impulso das actividades do tecido asociativo do municipio, que superan os 200.000 euros.

O Concello proxecta reservar estes fondos “en forma de subvencións nominativas para as diferentes asociacións culturais e deportivas que dinamizan as nosas vilas coa programación de eventos”.

Outro dos apartados que o equipo de goberno cervense subliña é o programa de formación xuvenil, para o que están reservados 140.000 euros.

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, explica que este programa se desenvolve desde o 2013 “a través de bolsas remuneradas. Cremos que é unha iniciativa que está a dar resultados, e que ten como obxectivo ofrecer á xuventude ese primeiro contacto co mundo laboral”, indica.

Segundo as cifras que achega o goberno, 80 mozos do municipio realizaron estas bolsas en diferentes dependencias do Concello desde 2013.

SERVIZOS SOCIAIS E EDUCACIÓN

A edil de facenda, Dolores García Caramés, subliña que as partidas destinadas aos servizos sociais, que son de xestión municipal directa, contarán con 481.522 euros.

Educación, apartado no que se inclúen o servizo da escola infantil municipal e o mantemento das instalacións educativas, as axudas ao transporte ou ás Anpas, consta de 376.505 euros.

INVESTIMENTOS REAIS

O orzamento que presentará o Concello inclúe tamén un incremento de 120.000 euros para investimentos reais, para superar o millón de euros neste apartado.

Orzamento Gastos

2019

A) OPERACIÓNS CORRENTES.

5.789.252,48 €

I. GASTOS DE PERSOAL

3.048.601,50 €

II. GASTOS BENS CORRENTES E SERV.

2.353.048,70 €

III. XUROS.

7.000,00 €

IV. TRANSFERENZAS CORRENTES.

352.880,00 €

V. FONDO CONTINXENCIA

27.722,28 €

B) OPERACIÓNS DE CAPITAL.

1.321.414,79 €

VI. INVESTIMENTOS REAIS.

1.055.253,09 €

VII. TRANSFERENZAS DE CAPITAL

0,00 €

VIII. ACTIVOS FINANCIEIROS

0,00 €

IX. PASIVOS FINANCIEIROS

266.161,70 €

TOTAL

7.110.667,27 €

Orzamento de Ingresos.

2.019

A) OPERACIÓNS CORRENTES.

6.467.414,18 €

1. IMPOSTOS DIRECTOS.

2.597.915,63 €

2. IMPOSTOS INDIRECTOS.

42.189,46 €

3. TAXAS E OUTROS INGRESOS

2.319.233,29 €

4. TRANSFERENCIAS CORRIENTES

1.489.175,57 €

5. INGRESOS PATRIMONIAIS

18.900,23 €

B) OPERACIÓNS DE CAPITAL

643.253,09 €

6. ENAXENACIÓN INVERSIONS REAIS

0,00 €

7. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

643.253,09 €

8. ACTIVOS FINANCIEIROS

0,00 €

9. PASIVOS FINANCIEROS

0,00 €

TOTAL

7.110.667,27 €

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...