A chegada dunha profunda borrasca polo noroeste da comunidade porá este mércores e xoves a Galicia en alerta por vento e choivas intensas.
Así, a partir da tarde do mércores, a borrasca activará a alerta amarela nas zonas da Mariña e Noroeste da Coruña por vento, mentres que o aviso por vento no mar estenderase a toda a costa galega. Xa o xoves, a xornada quedará marcada polos fortes ventos e as choivas intensas. Activarase o aviso amarelo por concentración de precipitacións en 12 horas no oeste e suroeste da Coruña e en toda a provincia de Pontevedra.
Ademais, toda Galicia estará en alerta amarela por vento, que será laranxa na Mariña e nas montañas de Lugo e Ourense. Así mesmo, o aviso por vento no mar tamén será laranxa en toda a comunidade ata as 15 horas, cando se prevé que baixe a amarelo ata as 21,00 horas.