IniciosociedadeAPAGA acode a Lisboa para participar no proxecto de hidróxeno verde para...

APAGA acode a Lisboa para participar no proxecto de hidróxeno verde para vehículos

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia inicia un proxecto europeo sobre hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos con outros catro socios de Turquía, Croacia, Italia e Portugal. A primeira xuntanza de traballo celébrase desde hoxe en Lisboa.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, comentou que “neste momento, dentro do proceso de internacionalización que levamos a cabo desde hai uns anos, estamos a poñer en marcha este proxecto de innovación sobre o hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos”.

Doural explicou que “é un proxecto a dous anos no que vai haber unha serie de reunións. O punto de arranque está a ser en Lisboa, desde hoxe ata o venres, día 9 de febreiro, e partir de aí programaremos unha serie de encontros e de xornadas de traballo que se van desenvolver durante dous anos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...