IniciosociedadeInician as actuacións de saneamento en Piñeira cun investimento de 102.000 euros

Inician as actuacións de saneamento en Piñeira cun investimento de 102.000 euros

As obras, financiadas polo Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo, teñen un prazo de execución de tres meses

Publicada o

- Advertisement -

As obras de saneamento da parroquia ribadense de Piñeira comezaron cun prazo de execución de tres meses.

Os traballos consistirán na instalación dunha tubaxe de PVC que recollerá os vertidos dos barrios do Morgullón, Igrexa e Barreiro. Neste último núcleo, ubicarase un sistema de impulsión que bombeará os residuos á rede xeral.

INVESTIMENTO

A empresa Coto Estudios y Construcciones encargarase de realizar as obras cun orzamento de 102.000 euros. O investimento realizarase con cargo a unha achega do concello e ao Plan Único da Deputación.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia, subliñou a “axuda” recibida do organismo provincial para “avanzar no saneamento das parroquias” e criticou a falta de investimentos nesta materia por parte da Xunta de Galicia malia, dixo, seren demandados por “acordos plenarios unánimes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...