Flores e mazás para Díaz Pardo no seu sétimo cabodano

O cemiterio de Boisaca acollerá o domingo unha homenaxe ao creador de Sargadelos

Isaac Díaz Pardo. AXM

Segundo recolle Galicia Confidencial, a asociación Academia Real Isaac Díaz Pardo organizará o vindeiro domingo un acto de homaneaxe ao fundador de Sargadelos con motivo do seu sétimo cabodano.

O evento comezará ás 12.30 horas no cemiterio de Boisaca, coa condución da escritora Carmen Blanco.

Participarán con poemas, recitados ou discursos, entre outros, os escritores mariñaos Perfecto Conde e Manuel Lourenzo, ademais do músico Carlos Núñez, Marilar Aleixandre, María Xosé Queizán ou Xesús Alonso Montero.

Ademais, interpretaranse varias pezas musicais, entre elas o Himno Galego e A Internacional.

Unha homenaxe de flores e mazás na tomba do artista e empresario santiagués pechará o acto.

A asociación Academia Real Isaac Díaz Pardo organizará o vindeiro domingo un acto de homaneaxe ao fundador de Sargadelos con motivo do seu sétimo cabodano.

O evento comezará ás 12.30 horas no cemiterio de Boisaca, coa condución da escritora Carmen Blanco.

INTERVENCIÓNS

Participarán con poemas, recitados ou discursos, entre outros, os mariñaos Perfecto Conde e Manuel Lourenzo, ademais do músico Carlos Núñez, Marilar Aleixandre, María Xosé Queizán ou Xesús Alonso Montero.

PEZAS MUSICAIS

Ademais, interpretaranse varias pezas musicais, entre elas o Himno Galego e A Internacional.

Unha homenaxe de flores e mazás na tomba do artista e empresario santiagués pechará o acto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here