IniciosociedadeEduardo Fraga pregoará a 16 edición da Festa do Chícaro, o 19...

Eduardo Fraga pregoará a 16 edición da Festa do Chícaro, o 19 e 20 de xaneiro

O ex secretario da confraría de pescadores de Foz abrirá a primeira exaltación gastronómica do ano en Galicia, a do berberecho

Publicada o

- Advertisement -

O ex secretario da confraría de pescadores de Foz, Eduardo Fraga, será o pregoeiro da décimo sexta edición da Festa do Chícaro (berberecho), que se celebrará os días 19 e 20 de xaneiro.

O programa de actividades da considerada primeira exaltación gastronómica do ano en Galicia comezará, con todo, o día 17, cunha charla sobre marisqueo e acuicultura de Galicia.

CHARLA

Participarán na conferencia Susana Novo Vázquez, Justa Ojeda Martínez e Bibiana Viñas, doutoras en bioloxía e investigadoras do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, da Consellería do Mar. A cita será ás 11.00 horas, na casa da cultura de Foz.

PREGÓN

O sábado 19, os festexos comezarán na carpa do peirao ás 12.00 horas coa inauguración do evento e mailo pregón.

O pregoeiro, natural de Celeiro, traballou nas confrarías celeirense e do Vicedo antes de rematar a súa traxectoria profesional en Foz. Así, segundo explicou o concelleiro de mar, Pedro Fernández Manín, Eduardo Fraga “é un gran coñecedor dos problemas da zona e da ría, e unha persoa que pode adaptar o pregón a unha festa que coñece perfectamente”.

A partir das 12.40 horas haberá unha actuación a cargo do grupo Mar Aberto de Foz.

Programación. AXM

CATRO RECEITAS

Ao seu remate comezará a degustación do chícaro nas catro preparacións xa habituais.

Poderase probar en empanada, elaborada por Anduriña; e á provenzal, ao vapor e con fabas de Lourenzá, preparada pola Escola de Hostalería de Foz. Esta festa gastronómica tamén se desenvolverá en varios locais hostaleiros da vila o sábado e o domingo.

CINCO EUROS A RACIÓN

A ración custará cinco euros, coa bebida, tanto auga como cervexa e viño, a un euro. A música continuará durante todo o día e ata a noite, coa charanga NBA.

ACHEGAS

A asociación Sempre Foz é a encargada da organización en colaboración co Concello, que conta coas achegas da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo.

Participaron na presentación do evento o alcalde focego, Javier Jorge Castiñeira, Fernández Manín e a deputada provincial Mayra García Bermúdez.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...