O Concello de Lourenzá abriu o prazo para solicitar a participación no Programa Turismo Social Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) correspondente a 2018/19.
“Todas aquelas persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 que desexen viaxar por pracer poden facer a súa solicitude a través da traballadora social do Concello”, anunciou a alcaldesa laurentina, a socialista Rocío López.
O programa ofrece varias posibilidades. Hai destinos de costa peninsular e insular, como Canarias e Baleares, ou turismo de interior. As persoas interesadas deberán valerse por si mesmas e non padecer trastornos que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso das quendas.
Os solicitantes terán que presentar as súas peticións no departamento de servizos sociais do Concello de luns a venres, en horario matinal. A praza límite para anotarse é o día 14 de xuño.