A Mariña Lucense rendiu homenaxe a Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, asasinados polo franquismo hai oito décadas.
Ducias de persoas participaron nun emotivo homenaxe celebrado en Mondoñedo, onde se descubriu un monólito a carón do cemiterio vello na honra dos represaliados do fascismo.
A continuación, houbo unha mesa redonda na que participaron familiares das vítimas. Organizou o acto unha comisión veciñal que contou co apoio de todos os grupos da corporación municipal mindoniense, ademais de colectivos sociais e culturais da bisbarra.
3.000 REPRESALIADOS
Calcúlase que as vítimas do franquismo superan as 3.000 persoas na provincia de Lugo.