A Anpa do Ceip Virxe do Carme de Burela impulsa desde esta semana uns talleres de robótica que serán impartidos en horario escolar.
DE INFANTIL A PRIMARIA
Segundo explican desde a agrupación, beneficiaranse desta actividade “todos os alumnos do centro”, posto que os obradoiros impartiranse desde cuarto de infantil ata sexto de primaria.
USO A NIVEL DOCENTE
A robótica utilízase a nivel docente para, a través do xogo e do traballo en equipo, fomentar a imaxinación, a creatividade e o inxeño, a partir da programación, a construción e o deseño de robots.