Dous estudantes do Lycée Guillaume Tirel, de París, están a realizar prácticas durante un mes en empresas hostaleiras da Mariña Lucense por iniciativa do IES de Foz.
O Hotel O Cabazo e o Parador de Ribadeo son os dous establecementos onde profundizarán na súa formación en servizo de sala.
VISITAS
Da man da profesora de español, Mar González, visitaron atractivos turísticos da zona como a lonxa de Burela, o barco museo boniteiro Reina del Carmen ou a fábrica de cerámica de Sargadelos. Ademais, traballaron coas redeiras.