IniciosociedadeIniciadas as obras de reposición de beirrarrúas na rúa de Ortigueira, en...

Iniciadas as obras de reposición de beirrarrúas na rúa de Ortigueira, en Covas

O Concello quere humanizar o viario, que comunica a C-642 co paseo marítimo de Covas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informou do inicio das obras de reposición de beirarrúas no primeiro tramo da rúa Cidade de Ortigueira, en Covas, cun orzamento de contrata de 43.606,13 euros, financiado en parte polo Plan Único da Deputación de Lugo.

Segundo expón o goberno local, a rúa forma parte da zona coñecida como cidade estival de Covas, onde prima a edificación residencial unifamiliar. Este vial comunica a estrada C-642 co paseo marítimo de Covas, atravesando a Avenida de Vilalba e sendo unha das arterias de conexión coa praia de Covas.

Unha das zonas do vial ten un pequeno tramo con beirarrúas, sendo discordante co criterio usado na actualidade na zona de Covas, o resto do vial non posúe beirarrúas.

Con estas obras preténdese seguir co proceso mellora do entorno da praia de Covas, un lugar de moito tránsito rodado e peonil cunha masiva afluencia de xente en época estival.

ALUMEADO

Así, restituirase o treito próximo á estrada C-642 e crearanse beirarrúas no resto da estrada. Tamén se dotará de rede de alumeado público a todo o vial e reporanse as luminarias no tramo comprendido entre a Avenida de Vilalba e o paseo marítimo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...