IniciosociedadeA provincia de Lugo ten 468 casos activos contra a violencia de...

A provincia de Lugo ten 468 casos activos contra a violencia de xénero

A subdelegada de Goberno pide "implicación social" contra a lacra das agresións machistas

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno central, Isabel Rodríguez, fixo un chamamento á implicación social na loita contra a violencia de xénero “pois os datos demostran que son moitas as mulleres que sofren esta lacra”.

A subdelegada deu conta dos datos recollidos na memoria da Unidade contra a violencia sobre a muller da subdelegación do Goberno de 2018. Na provincia de Lugo, o número de casos activos ao comezo deste ano no Sistema VioGen é de 468.

Tamén destacou o feito de que 57 das vítimas teñen máis dun caso con distintos agresores e, ademais, contabilizáronse 73 persoas reincidentes que teñen casos activos con máis de unha muller.

Tocante ao perfil das vítimas, correspóndese cunha muller de entre os 31 e os 45 anos (42,85% do total), con fillos e de nacionalidade española.

MENORES DE IDADE

Respecto da incidencia de casos de violencia de xénero entre a xente moza, foron dúas as denuncias efectuadas nas que a vítima é minor de idade, o que supón un 0,2% do total de casos coñecidos pola Unidade contra a violencia sobre a muller da subdelegación do Goberno durante o pasado exercicio.

LUGARES DE RESIDENCIA

En canto ao lugar de residencia das vítimas, a subdelegada informou de que o 48% das vítimas son mulleres que viven no concello de Lugo e o 52% residen no resto de concellos da provincia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...