IniciosociedadeO Ribadeo Indiano busca "internacionalizarse" cun acto en Madrid que se verá...

O Ribadeo Indiano busca “internacionalizarse” cun acto en Madrid que se verá por streaming

Concello e Acisa aproveitarán o paso por FITUR para presentar a festa na Casa de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello e Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) presentarán o vindeiro xoves, 24 de xaneiro, o Ribadeo Indiano na Casa de Galicia -ou delegación da Xunta– en Madrid.

Logo de que o Ribadeo Indiano se convertese “nun referente a nivel galego entre os eventos culturais en canto a representatividade histórica do período modernista”, os organizadores aspiran “a dar un paso máis e promocionar a festa a nivel internacional”.

Así, aproveitando a Feira de Turismo Internacional (FITUR), Concello e Acisa presentarán o Ribadeo Indiano nun acto institucional que comezará ás 20.00 horas na Casa de Galicia.

O acto de presentación contará coa participación do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; a concelleira de desenvolvemento local, turismo e comercio, Ana Martínez; e o presidente da Acisa, Francisco Iriarte.

Durante o acto darase a coñecer o vídeo promocional da festa para este ano. A presentación poderá seguirse en streaming a traves da páxina de Facebook do Ribadeo Indiano.

DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA

O acto pecharase cunha mostra gastronómica a cargo de restaurantes da localidade que foron premiados no Ribadeo de Tapeo 2018: O Piano, que obtivo o premio do público e El Oviedo, un dos gañadores do premio do xurado profesional.

ACTUACIÓN MUSICAL

A cita estará amenizada cunha actuación musical a cargo da ribadense Carme Rodríguez. Concello e Acisa convidan a asistir a esta posta de longo a todos os ribadenses que viven en Madrid, empresarios vinculados coa localidade, xornalistas e amantes de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...