IniciosociedadeRibadeo alerta de que a Xunta tarda “ata once meses” en asignar...

Ribadeo alerta de que a Xunta tarda “ata once meses” en asignar o servizo de axuda no fogar

O alcalde revela o caso dunha persoa que "morreu sen desfrutar da prestación pola burocracia terrible" e insta ao Goberno galego a axilizar "as resolucións dos expedientes"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, alerta de que algúns usuarios “non reciben a prestación do Servizo de Axuda No Fogar (SAF) á que teñen dereito por un problema de burocracia terrible da Xunta de Galicia”.

O rexedor explica que “os maiores teñen dous tipos de servizos, un de xestión municipal para aqueles que non están en situación de dependencia e outro, financiado en parte polo Goberno galego, para os maiores que se atopan depedentes nalgún dos graos nos que marca a lei”.

BUROCRACIA

Suárez Barcia argumenta que no primeiro caso “a asignación de recursos é áxil”. No segundo, sostén, a Xunta “tarda moitísimo en facer as valoracións para especificar os graos de dependencia, e despois en asignarlles o número de horas de atención mensual que lle corresponden a cada usuario”.

SINALA QUE O CONCELLO DISPÓN “DE MÁIS DE 400 HORAS PENDENTES DE ASIGNACIÓN, que darían para atender a cinco persoas máis”

O alcalde ribadense engade que “a todo isto desde o Concello dispoñemos dunha bolsa de máis de 400 horas dispoñibles, pero pendentes de asignación por parte da Xunta, coas que poderiamos atender a cinco persoas máis“. 

CARTA Á CONSELLEIRA

Suárez Barcia envioulle unha carta á conselleira de Política Social, Fabiola García, na que explica o caso dunha persoa que faleceu sen ver recoñecida a prestación de axuda no fogar despois de solicitalo no pasado mes de maio.

Foi a gota que colmou o vaso. Esta persoa solicitou a valoración de dependencia en maio de 2018, déronlle cita para valorar o seu caso o 23 de xaneiro deste ano, e segundo nos manifestaron os técnicos da Xunta a resolución do expediente non sería nunca antes de abril de 2019”, relata.

o concello tivo, “a petición dos técnicos do goberno galego, que asumir a atención” da persoa falecida

O alcalde precisa que foi o Concello quen “por humanidade atendeu irregularmente o servizo, a petición dos propios técnicos da Xunta, dado o colapso que teñen alí. É intolerable, sen engadir máis dramatismo ao que teñen os feitos”, conclúe.

Así, esixe á Xunta que “axilice a resolución dos expedientes pendentes, e que se proceda á asignación de recurso a aquelas persoas xa valoradas e con posibilidade real de comezarlles a prestación do SAF de inmediato”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...