IniciosociedadeBurela contratará dez traballadores coa achega da Deputación

Burela contratará dez traballadores coa achega da Deputación

O día 22 iniciaranse as primeiras probas, para dúas prazas de auxiliar administrativo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou este venres que contrará dez persoas a través do Plan Único da Deputación.

O vindeiro día 22, martes, iniciaranse no IES Perdouro as probas selectivas para a contratación de dous auxiliares administrativos.

O día 30, tamén no instituto burelao, realizarase o exame para unha praza de administrativo ligado á Intervención. “Faremos as probas nese centro porque hai moita xente interesada en participar no proceso selectivo para ocupar calquera destas prazas”, indica o alcalde, o socialista Alfredo Llano.

O rexedor explicou que “en pouco tempo imos sacar tamén, a través da mesma subvención da Deputación, a contratación dun técnico de turismo, dun conserxe máis dun peón. E posteriormente, dous oficiais de primeira”, indicou.

Finalmente, convocaranse dúas prazas de socorristas para o verán.

ORZAMENTOS

Llano tamén respondeu ás críticas do PP, que anunciou que presentará alegacións aos orzamentos aprobados en solitario ao entender que “incumpren en 30.000 euros o Plan Estratéxico de Subvencións (PES) que Llano elaborou e aprobou”.

Os populares acusaron ao goberno local de “cargarse as axudas para material escolar e deixar en mínimos a emerxencia social”. Tamén criticaron a “redución de 3.000 euros, de 40.000 a 37.000, na subvención para as festas”.

goberno e pp polemizan polos orzamentos tras anunciar os populares alegacións

Llano asegurou que o PES ao que alude o PP é “unha previsión e non un documento pechado” e indicou que “a contía para as festas leva desde 2017 no mesmo importe, 37.000 euros”. Ademais, desmentiu o apuntado polo PP no tocante á emerxencia social. “As axudas aumentaron”, afirmou.

O único que quere o PP é poñer paus nas rodas e a quen prexudica é aos burelaos. Así non podemos facer obras nin avanzar en temas que son importantes para os veciños”, concluíu.

RECOLLIDA DE LIXO

Por outra banda, o PP de Burela denunciou “o caos que existe no servizo de recollida de lixo e limpeza viaria”.

Colectores do punto limpo de Burela. AXM

Segundo afirman os populares, “hoxe mesmo puidemos saber que a empresa adxudicataria ten catro traballadores de baixa e dous de vacacións, e só un está cuberto por un novo contrato. É dicir, de dezaseis traballadores a cuarta parte está de baixa, co que resulta imposible levar a cabo o servizo cun mínimo de calidade”, indican.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...