IniciosociedadeUnha xornalista cervense, recibida co equipo de Vogue pola Raíña Letizia

Unha xornalista cervense, recibida co equipo de Vogue pola Raíña Letizia

Paloma Abad, natural de Rúa, é redactora xefa da publicación, que cumpre 30 anos en España

Publicada o

- Advertisement -

A xornalista natural de Rúa Paloma Abad, que traballa na revista de moda e tendencias Vogue, foi recibida o pasado venres pola Raíña Letizia xunto a outros integrantes da publicación, que cumpre 30 anos en España.

A directora, Eugenia de la Torriente, e o presidente do grupo Condé Nast, Javier Pascual del Olmo, encabezaron a representación da revista no Palacio de la Zarzuela. Os dirixentes da publicación subliñaron que a cabeceira é a terceira máis lida da franquicia tralas de China e Estados Unidos, cunha redacción liderada por mulleres.

Formada en Madrid, Abad, ex redactora de moda en El País e xefa de beleza en Harper’s Bazaar, exerce na actualidade o cargo de redactora xefa en Vogue España.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...