InicioPolíticaRibadeo inclúe nos orzamentos unha partida para mellorar o Pepe Barrera

Ribadeo inclúe nos orzamentos unha partida para mellorar o Pepe Barrera

O goberno local reserva 1,15 millóns a investimentos, que aumentarán en 300.000 euros coas achega do Plan Único da Deputación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo presentará este martes no pleno a proposta de orzamentos para 2019, que ascende a 9,2 millóns de euros, 270.000 euros menos ca no exercicio anterior.

O concelleiro de economía e facenda, Vicente Castro, afirma que as contas “inclúen arredor de 1.150.000 euros para investimentos, a maioría con cargo a fondos propios do Concello”.

O edil asegura que esta partida “vai repartida máis ou menos a un 50 por cento entre a vila e o rural, preferentemente en rúas periféricas de Ribadeo, onde había moito pendente por facer, e en asfaltados no rural con aglomerado asfáltico”.

O edil de Economía e Facenda, Vicente Castro, subliña que se consolida o investimento e que se incrementa o gasto social. O presuposto someterase a debate e aprobación no pleno ordinario que terá lugar mañá, 22 de xaneiro, ás 20:30 horas.

Castro subliña que ao orzamentado polo Concello “hai que engadir o Plan Único da Deputación de Lugo, que sumará 300.000 euros, polo que en total serán 1.500.000 euros de investimento anual para Ribadeo, que permiten poder facerlle fronte ás infraestruturas primordiais”.

CAMPO DE FÚTBOL

Castro sinalou que “dentro deste capítulo de investimentos vai contemplada unha partida para a drenaxe e reposición do céspede do campo de fútbol Pepe Barrera, con ese convenio que propuxemos á Deputación e á Xunta de Galicia para financialo entre as tres partes”.

o executivo sinala que “o proxecto está practicamente listo para presentalo á xunta e á deputación”

Neste senso, o concelleiro ribadense sinala que “o proxecto está practicamente listo para presentar e en canto teñamos o orzamento dirixirémonos de novo ás distintas administracións para poder acometer este investimento neste verán que vén”.

Segundo as previsións do Goberno, o presuposto rondaría os 350.000 euros. O executivo municipal comprometérase a achegar 50.000 e pedía 175.000 euros a cada unha das administracións, provincial e autonómica. 

GASTO SOCIAL

O concelleiro de facenda engade que “en liñas xerais no orzamento sube o gasto social en dous apartados primordiais, que son a atención a dependentes e a achega por parte do Concello á Deputación para a xestión da residencia de maiores”. Castro conclúe que “o resto de gastos e partidas xerais e proxectos mantéñense”.

OUTROS PUNTOS DA ORDE DO DÍA

Entre outros puntos da orde do día da sesión plenaria do martes están a modificación e actualización da Relación de Postos de Traballo (RTP) municipal, a aprobación das bases para a convocatoria das axudas a rexeneracións na Área de Rehabilitación Integral (Ari), ou un expediente de expropiación para o proxecto de mellora do sendeiro peonil das Aceas.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...