IniciosociedadeBarreiros buscará atraer peregrinos e familias en Fitur

Barreiros buscará atraer peregrinos e familias en Fitur

O alcalde reunirase cunha axencia especializada no Camiño de Santiago e cunha revista do eido do turismo familiar

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, espuxo a súa axenda en Fitur. O rexedor barreirense sinala que, entre outras xuntanzas, manterá un encontro cunha axencia que move peregrinos do Camiño de Santiago.

O rexedor barreirense sinala que a axencia “prepara rutas en distintos puntos de España e cremos que pode ofrecer máis información de Barreiros, para que os peregrinos que veñan á Mariña se hospeden no municipio”.

A delegación barreirense tamén terá unha cita con representantes dunha revista especializada que se dedica ao turismo familiar, “que cremos que é importante para Barreiros”.

No tocante aos actos institucionais, Fuente Parga participará o día 23 na presentación de ‘E para comer, Lugo’ e o xoves 24 na proxección do vídeo da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.

Tamén estará presente noutras presentacións, como as das Semanas Santas, nas que están Viveiro e Mondoñedo. “Como un referente en turismo que é, Barreiros debe estar aí”, sinala o alcalde barreirense. Finalmente, o 25 acudirá á visita do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ao stand da comunidade.

SINALIZACIÓN DE RECURSOS

O rexedor anunciou que “se acaban de convocar as axudas da Axencia Galega de Turismo e este ano imos solicitar unha para sinalizar os recursos turísticos do noso concello, como San Estevo do Ermo, o Camiño de Santiago ou as nosas praias. Estase preparando xa o proxecto para tramitala”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...