IniciosociedadeViveiro destinou 10.700 euros a financiar gastos de transporte dun cento de...

Viveiro destinou 10.700 euros a financiar gastos de transporte dun cento de estudantes

O concello ofreceu os datos relativos ao primeiro trimestre do curso, que recollen achegas para desprazamentos e un servizo de transporte escolar a Xove, San Cibrao e Burela

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Viveiro financia a metade dos gastos de transporte de 74 estudantes que se desprazan fóra do municipio.

Dende o inicio deste curso escolar, destinou 5.750 euros a sufragar parte dos gastos dos alumnos e alumnas que solicitaron estas axudas na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

As achegas benefician a 25 estudantes que viaxan a Santiago, 15 á Coruña, 2 a Lugo, 16 a Burela, 10 a Xove, 5 a San Cibrao e 1 a Mondoñedo.

TRANSPORTE ESCOLAR

Ademais, o concello ofrece un servizo de transporte escolar gratuíto a Xove, San Cibrao e Burela para as rapazas e rapaces de Viveiro que cursan Formación Profesional ou Bacharelato nalgún centro deses municipios.

A liña é empregada a diario por 31 estudantes e, segundo o concello, desde o inicio do curso escolar tivo un custo de 5.000 euros.

OMIX

A Oficina Municipal de Información Xuvenil viveirense atendeu o ano pasado consultas de 494 mozos e mozas relativas a estudos e formación, bolsas, programas de intercambio, idiomas ou campamentos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...