IniciosociedadeO Valadouro reunirá o 2 de febreiro as razas autóctonas galegas

O Valadouro reunirá o 2 de febreiro as razas autóctonas galegas

A segunda edición da feira disporá 4.000 euros en premios e ofrecerá varias actividades

Publicada o

- Advertisement -

O Concello do Valadouro organiza o 2 de febreiro a segunda edición da Feira de Razas Autóctonas Galegas da Mariña. O lugar habilitado para o seu desenvolvemento será o aparcadoiro a carón da piscina municipal, a partir das 10.00 horas.

Haberá tradicional mercado de gando e varias actividades. Os asistentes poderán contar con amplos aparcadoiros e un posto onde comer polbo á feira e xamón cocido.

Ás 11.00 horas, na feira, a asociación de criadores de cabalo de Pura Raza Galega (PRG) organiza o concurso morfolóxico da especie. O presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobe Pérez, fará unha demostración de traballos pé a terra con rédeas longas.

Á partir das 12.30 horas celebrarase unha conferencia no salón de actos da casa da cultura, baixo o nome ‘Razas autóctonas galegas. Juan Carlos Puente, vicepresidente de Asociación Can de Palleiro, será o encargado de pronunciar o relatorio.

Cartel do evento. AXM

Unha das novidades desta segunda edición será a primeira poxa de gando de Raza Rubia Galega na Mariña, que comezará ás 13.00 horas no recinto feiral.

Xa pola tarde, sobre as 16.30 horas, haberá unha demostración de Monta á Amazona con cabalos da PRG.

PREMIOS

A organización disporá máis de 4.000 euros entre as distintas especies de gando. A entrega de premios pechará a xornada, nas inmediacións da carpa, sobre as 18.00 horas.

INFORMACIÓN

Informan na casa da cultura do Valadouro entre 21 e o 29 de xaneiro, tamén no correo cultura@valadouro.org ou no teléfono 982.57.15.16.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...