O impacto de Brexit sobre a pesca será o tema de debate da xornada que se desenvolverá o sábado 26 de xaneiro na Casa do Mar de Burela.
O xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP), Sergio López, a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda, e o catedrático de Dereito Internacional da Universidade da Coruña, José Manuel Sobrino Heredia, participarán no foro, organizado por Novas Xeracións.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, clausurará a charla, que comezará ás 11.00 horas no Salón de Actos.
IMPACTO NA COMARCA
A formación xuvenil do Partido Popular explica que o coloquio trata de “transladar respostas á xente do mar” ante as “incertezas” ás que se enfronta o sector pesqueiro coa saída do Reino Unido da Unión Europea.
O responsable de NNXX, Aitor López, subliñou que se trata dun tema que “afecta de cheo” á comarca.