A firma Galipizza é a única cadea de restauración galega que ostenta a certificación da marca “Q”, que concede o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
O acto de entrega tivo lugar en Madrid o pasado xoves, coincidindo coa celebración da Feira Internacional do Turismo (Fitur). O xerente de Galipizza, Xosé Manuel Vázquez, “Leman“, recibiu o diploma de recoñecemento.
O distintivo supón unha garantía de “prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigurosidade e promoción” da Secretaría de Estado de Turismo e as Comunidades Autónomas.
AUDITORÍAS
A marca de garantía Q Calidade Turística require de cumprir con auditorías que aseguran que a prestación dos seus servizos é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade.
As probas analizan todos os aspectos de xestión dos establecementos, desde as materia primas ao servizo final, pasando polas instalacións e a formación e profesionalidade do persoal.