IniciosociedadeO PP de Ribadeo di que o concello ten débedas con empresas...

O PP de Ribadeo di que o concello ten débedas con empresas e colectivos desde 2016

Daniel Vega acusa ao goberno municipal de "enganar aos veciños" sobre os períodos de pagamento

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Ribadeo cuestiona o prazo de pago a empresas e asociacións por parte do Concello.

O candidato á alcaldía, Daniel Vega, asegurou que “moitas empresas e colectivos levan sen cobrar desde 2016” e acusou ao goberno municipal de “enganar aos veciños” ao soster que “as facturas se pagan a nove días”. Vega expuxo que as asociacións lles “transladan queixas” sobre atrasos nos pagamentos de subvencións.

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O alcaldable popular tamén criticou o “anuncio de posibles investimentos nos medios de comunicación a catro meses das eleccións”.

“Doce anos de goberno e de repente parece que se vai facer todo en catro días”, cuestionou Vega, que toma o relevo de Jesús López Penabad como candidato a alcaldía ribadense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...