IniciosociedadeLugo é a terceira provincia de España con maior taxa de cancro

Lugo é a terceira provincia de España con maior taxa de cancro

Rexistráronse 800 diagnósticos e 363 falecementos por cada 100.000 habitantes, datos que superan amplamente os promedios estatais

Publicada o

- Advertisement -

Lugo é a terceira provincia de España cunha maior taxa de casos de cancro, con 800 por cada 100.000 habitantes no pasado ano.

Así o recolle o Observatorio da Asociación Española contra o Cancro (AECC), cuxo último informe divulgouse o pasado mércores. Zamora é a provincia española con máis casos detectados, 842 por cada 100.000 habitantes, polas 830 diagnoses de Ourense, en segundo lugar.

No 2018 diagnosticáronse en España 270.363 novos casos da enfermidade, 114.392 en mulleres e 155.971 en homes, o que supón unha taxa media por 100.000 habitantes de 579.

FALECEMENTOS

No tocante ás mortes por cancro, Lugo é tamén a terceira provincia española cunha maior incidencia. A cifra de persoas falecidas pola enfermidade ascende a 363 por cada 100.000 habitantes, por detrás unicamente de Zamora, con 369 decesos, e Ourense, con 367 pasamentos.

Nos datos globais a nivel estatal, faleceron pola doenza 110.743 persoas en España, con 43.438 mulleres e 67.315 homes.

Así, tamén neste caso, a provincia supera significativamente o promedio español, de 237 persoas falecidas por cada 100.000 habitantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...